Thursday, January 25, 2007

O Foro Social Mundial.

O Foro Social Mundial de 2007 estase a celebrar en Nairobi durante os seguintes días, segundo o programa que podemos ver aquí en Kiswahili , inglés, español ou francés:

20 de xaneiro de 2007 – Cerimonia de Apertura

21 a 23 de xaneiro de 2007 – Actividades auto-organizadas y co-organizadas.

24 de xaneiro de 2007 – Cuarto Día (planificación de accións para 2007)

25 de xaneiro de 2007 – Cerimonia de Peche.

A destacar a presencia da Fundación Galiza Sempre (FGS), presidida por Xosé Manuel Beira e dirixida por Xabier Macías, (enlace á páxina da Fundación Galiza Sempre). Entre os non moi abundantes tratamentos da noticia mencionamos este de Galiza sosego (Foro Social Mundial 2007 e os dereitos LGTB) e este de estrela esvaecida, ademais dos moscóns FSM 2007 e FSM 2007- Revolución verde.

Labels: , ,


O Foro Económico mundial

Por outra banda máis de dous milleiros de líderes políticos e empresariais de todo o mundo reúnense esta semana en Davos, Suíza, para outra edición do Foro Económico Mundial. Os temas estrelas crese que serán Oriente próximo e o Medio ambiente. Este último con varias sesións programadas para o debate sobre o cambio climático. Iso si, propoñen debater non só as mudanzas políticas e industriais necesarias, senón as implicacións económicas e as posibilidades de que eses cambios sexan rendíbeis e produzan ganancias para as empresas, como pode ser a enerxía nuclear. En Indymedia Suíza poden saber tamén das mobilizacións contra este foro.

Labels: , ,


Friday, January 19, 2007

19-01-2007. Internacional (Dez crises humanitarias. Nicaragua. Fundamentalismo evanxelista. Busca e captura para os asasinos de Xosé Couso. A wikipedia fai anos).

Médicos sen fronteiras fixo pública por noveno ano consecutivo a súa lista de “as dez crises humanitarias máis esquecidas pola prensa”, lista evidentemente esquecida pola maior parte da prensa, e que nós xa recollimos neste moscón. Din que son crises humanitarias, e certamente sono. No dobre sentido da palabra: Porque afectan a unha parte numerosa da humanidades e porque son causadas por unha parte (menos numerosa) da humanidade. Efectivamente, a pouco que escarvemos veremos como nacen da loita por materias primas (o Congo, por exemplo) ou da desigual distribución da riqueza (tuberculose, desnutrición) cando non da imposición de veciños con ansias de grandeza (Chechenia, Colombia) ou estados que se cren nacións (India, Sri Lanka). En fin problemas humanos que os humanos poderiamos resolver.

Como parece que vai intentar resolvelos, no que ao seu país lle toca, o novo presidente de Nicaragua, Daniel Ortega, que xa anuncia dúas medidas a gratuidade do ensino e da atención médica, necesarias para crear un país máis xusto. Algo se move en Sudamérica.

Mentres tanto, o seu veciño do norte, máis estático malia as aparencias, anda enleado en disputas fundamentais desas que, normalmente, cremos propias doutras zonas. Resulta que os sisudos xuíces de Michigan, un dos estados que compoñen os EUA, acaban de chegar á progresista conclusión de que o adulterio pódese penar ata con cadea perpetua. Ben, en realidade non sempre, só cando vaia acompañado da realización do acto sexual, como podemos deducir deste artigo do Detroit Free Press, pois nese caso serían “dous delictos”: Un, o adulterio en si, que é delicto perseguíbel de oficio polos fiscais dese estado, e outro o acto sexual, que é delicto sempre que coincida coa realización de outro delicto. Si, dan por feito que no delicto de adulterio soe haber un acto sexual, i é que deben ser xente de mundo eses sisudos xuíces. Como se ve, disputas sobre cuestións fundamentais que relacionamos con estes dous moscóns 1 e 2.

Son eses os mesmos EUA que consideran, en palabras de David Couso, uns heroes aos asasinos (¿terei que dicir presuntos asasinos?) de Xosé Couso. Eses heroes para os que o xuíz Santiago Pedraz acaba de dictar Orde de busca e captura.

E para celebrar por todo o alto temos, tamén, o sexto aniversario da Wikipedia. Unha enciclopedia libre, a penas aínda unha nena, que xa compite, gañando, contra as mellores do mundo, demostrando así a gran forza deste proxecto colectivo e público. Esperemos que, a diferencia da nosa república, lle deixen chegar a moza.




Friday, December 08, 2006

Outro susto. Agora Pinochet.

Non damos abasto. A semana pasada mareóusenos Berlusconi e esta semana tocoulle a Pinochet. Peor aínda, o pobriño non só se mareou. Ca!, disque che foi un infarto ou algo así, moi grave e moi malo. Que si, que estivo tan mal que mesmo lle deron a extremaución, ou os santos óleos, ou como se diga. Tan mal que os xuíces, que no fondo son uns santos, déronlle a libertade provisional por mor dese seu estado de saúde.

Unha nova milagre, todo hai que dicilo. Cada vez que este home ten un problema coa xustiza dalle un achuchón moi grave, coma cando o da extradición (ano 2000) ou máis adiante (2005), ou agora. Unha milagre, certamente, que o salva da xustiza dos revanchistas, comunistas, ateos e etc., que somos todos os que non comungamos con ese salvapatrias. Que si, unha milagre porque en canto consigue o beneficio xurídico, sana de todo. A pesar dos seu 91 anos. A pesar de algúns falen de enfermos imaxinario




Enlaces deste comentario:

mareóusenos en O moscón

tocoulle en xornal.com

extremaución, en La voz.com.ar

extradición (ano 2000) la semana.es

adiante (2005) en nuevo diario.com.in(2005)

sana en guillo.d

enfermos imaxinario en ABC.es


Friday, December 01, 2006

Outra chave para pechar o patio traseiro ianqui.

O 26 de novembro a política de Bush levou un novo pao. Volveu a perder unhas eleccións, neste caso fóra de Norteamérica, en Ecuador. Porque non hai dúbida de que Bush, como sempre que se trata do seu patio traseiro, interveu na elección. E un novo Chávez, o candidato perdedor tratábao de tal pretendendo desacreditalo, gañou as eleccións. E ten algo de razón, porque Correa porta unha nova chave para pechar aos norteamericanos o seu patio traseiro e devolverllo aos que viven alí, empezando polos indíxenas, convertendo o trasteiro ianqui nun lugar digno onde vivir e ser.

Como mostra da esperanza que esperta Correa xa recibiu o
apoio explícito da Conaie (Confederación de Nacionalidades Indígenas del Ecuador) e xa ten prevista unha reunión con Chávez e Lula en Brasilia. Os dous polos xeográficos e ideolóxicos da nova Suramérica.

Enlaces deste comentario:
Bush perde eleccións ao congreso, polo moscón
Victoria de Correa en xornal.com
Correa verase con Chávez e Lula en Brasil, en aporrea.org
Apoio da Conaie en conaie. Info
Conaie.info Confederación de Nacionalidades Indígenas del Ecuador

Sunday, November 26, 2006

A destrucción do oriente próximo. (novembro 2006)


Nesta semana destacamos tamén o artigo de “betanceiros que queredes” sobre a caída do muro de Berlín e o nacemento de novos muros, como xa dixo tamén este moscón. Nesta semana vemos como se afonda un deses muros, o causado por Israel, que se atreve a chamar (como sempre) “incidente lamentábel” (na boca da Ministra de Asuntos Exteriores israelita, Tzipi Livni) a masacre de hai tres días en Gaza. A condena internacional foi (coma sempre) imposibilitada pola administración Bush. Todo en base (coma sempre) á loita contra o terrorismo e o fundamentalismo. Un antiterrorismo practicado por un estado tan "pacífico" e tan "tolerante" como se viu na recente manifestación homosexual. En fin un país retratado polo seu presidente, acusado de varias violacións e envexado polo ruso Putin.

O muro de Bush (outubro 2006)
___________________________________________________________________








nova en MundoGaliza.com

This page is powered by Blogger. Isn't yours?